
Primeiro falemos do seu nacemento e vida perante a súa niñez.
Naceu en Celanova e alí pasa a súa infancia, marcada polos conflitos co seu pai. Aos 15 anos trasládase a Madrid.
O primeiro poema que escribiu en lingua galega foi titulado, "Cántiga".
No xardín unha noite sentada
ó refrexo do branco luar,
unha nena choraba sin trégolas
os desdés dun ingrato galán.
I a coitada entre queixas decía:
"Xa no mundo non teño ninguén,
vou morrer e non ven os meus ollos
os olliños do meu doce ben".
Dáse a coñecer como poeta en 1871 ao gañar un premio literario en Ourense coas composicións "A Virxe do Cristal", "O gueiteiro" e "Unha voda en Enibó"; unha das máis importantes.

Agora vou falar desta obra; En 1880 publicou Aires d´a miña terra , libro de poemas no que considera que a Igrexa non se achega ós pobres e necesitados senón que só defende castes e privilexios. Nesta obra publica o poema Mirand’ó chau no que, entre outras cousas escribe o celebre verso S’eu fixen tal mundo, que o demo me leve. Prohíbese ós fieles a lectura e posesión do libro e remátase excomungando a Curros. Simultaneamente, o bispo de Ourense denuncia diante das autoridades xudiciais o libro de Curros. O xulgado de Ourense procesouno por delito contra o libre exercicio dos cultos e ordenou o secuestro dos exemplares en poder do editor e destrución dos moldes de copia, mentres que Curros foi condenado a dous anos e 4 meses de cadea. Finalmente, foi absolto na Audiencia da Coruña.
Yanka