
Estudou Bacharelato na capital galega e participou en actividades do Liceo de La Juventud, onde coñeceu galeguistas do seu tempo.
Rematou a carreira de mediciña e marchou a ferrol para exercela en 1860. Abandonou a carreira para retornar a súa casa e adicarse á literatura.
Viviu moito tempo da súa vida na Coruña e tivo amigos galeguistas como por exemplo: Murguía e Carré.
Meteuse nas tertulias da Cova Céltica, un grupo formado por intelectuais apaixonados por Galicia e a súa cultura e tamén defensores da orixe celta do noso pobo.
Alí considerouse "bardo" (poeta e guía espiritual dos celtas).
A súa primeira obra é o poema "A Campana de Anllóns" (1862).
Ao longo da súa vida traballou nun longo poema épico: Os Eoas (1992).
A súa obra máis coñecida consta de 91 poemas o bo bergantiñán, de camiño para Ponteceso, escoita os queixumes dos piñeiros.
Eduardo converterase no poeta do celtismo e recreará unha mitoloxía celta, na que cobra especial protagonismo Breogán.
Proponse a expresarse de tres formas:
Pasado: Idade de Ouro.
Presente: Escravitude.
Futuro: Esperanza e triunfo.